San Xoán, San Juan ou Saint John na Coruña?

San Xoán, San Juan ou Saint John na Coruña?

09 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

A Mesa pola Normalización Lingüística critica que o alcalde da Coruña relegue de novo a lingua galega “mesmo en festividades tan tradicionais como o San Xoán”. Para a entidade presidida por Marcos Maceira, esta actitude de “desprezo sistemático á realidade galega da Coruña” demostra que Carlos Negreira é “un acomplexado que non cre de

O presidente da Mesa insta o alcalde coruñés a que “deixe de ser un acomplexado” e “recoñeza a nosa cultura, as nosas tradicións e as nosas festas”, pois “é ben triste encontrarnos con que a Administración que máis debería coidar e potenciar o próximo é a que máis despreza o que nos identifica, que pensa que o noso é menos polo feito de ser noso”.

Finalmente, Marcos Maceira lembrou que son milleiros as coruñesas e coruñeses que queren pasos adiante na normalización da nosa lingua, polo que fixo un chamamento á participación na concentración convocadas por Queremos Galego o vindeiro 17 de maio, que na Coruña se realizará a carón do Teatro Rosalia de Castro (confluencia das rúas Real e Rego de Auga) ás 12 do mediodía.

Sociedade