Fomento do emprego

Fomento do emprego
07 de Maio, 2024 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fomento do emprego en Fene por iniciativa do Concello. Para o mes de xuño está prevista a contratación de dúas persoas para facer traballos de desbroces e prevención da loita contra incendios no rural mentres avanza o obradoiro Inicia VII para xente moza. Dúas medidas das que deu detalles en Radio Fene a concelleira de Formación e Emprego, Cristina García Moroño.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene publica hoxe na web municipal as bases para a contratación de 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024. Son postos que se ofrecen para persoas inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal, explicou a concelleira. “A partir de mañá tramitarase a solicitude de persoas candidatas na oficina de emprego”, anunciou. Son contratos a tempo completo cunha duración de nove meses. A intención é que as persoas seleccionadas se incorporen traballar no mes de xuño, sinalou a responsable municipal de Formación e Emprego que manifestou a súa satisfacción pola marcha do Obradoiro Inicia VII. Una iniciativa na que están recibindo formación 14 mozos e mozas dos concellos de Fene, Ares, Cabanas e Mugardos. “Aprenden, van acabar cunha titulación, neste caso Tubería Industrial nivel 2, e aparte os concellos e a veciñanza aproveitase dunha obra que vai quedar aí”. No caso de Fene traballan nunhas varandas que se destinan ao pavillón da Xunqueira de San Valentín e para as escaleiras que van de Tellerías ao barrio de San Valentín, explicou García Moroño.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora