Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 63

Ante a miña actitude de silenciosa e máxima expectación, Gustavo continuou o relato, contando cada detalle daqueles días de aflición: 

“Non puiden soportar moito tempo a visión da madriña morta e decidín volver a Ourense para consolarme con María e, de paso, traela a un enterro que a outra María, María Dominga, a María morta, sempre agradeceu en vida: 

... Se podedes, vide ao meu enterro, estaríavos moi agradecida, pero non choredes por min, alegrádevos de seguir vós con vida, e vide o mellor vestidos que poidades...”

Fotografía: XanXe