O escenario máis grande da verbena galega

O escenario máis grande da verbena galega
03 de Maio, 2024 - 12:11 h. | Publicada por Radio Fene

O Dia das Letras Galegas haberá unha sesión vermú co grupo Antha. A orquestra Tango estreará o seu gran escenario nas festas dos Santos de Perlío. A colaboración cidadán está a ser de marabilla. Tamén as casas comerciais e incluso o toldo, segundo asegura o presidente da comisión de festas Jesús Ares “Lito”. Antha e Assia tocarán nas festas do Perlío o venres 17 de maio. Tango e Acherizados actuarán o sábado dezaoito. O domingo 19 haberá sesión vermú larga con Sin tron ni son e Efecto Imperfecto. 

Comisión de festas de Perlío

As festas dos Santos empezaron a celebrarse en 1854. Desde o mes de setembro un andazo de cólera morbo atacara de xeito horroroso Barallobre e Perlío causando moita mortalidade. Como en outubro principiou a declinar a enfermidade, as dúas parroquias realizaron o voto de Fundación da Procesión dos Santos. Ían os de Barallobre á igrexa de Perlío en procesión coas imaxes do Apóstolo Santiago e do San Roque.  Encontrábanse coas imaxes de Perlío na ponte dos Santos. A procesión deixouse de facer nos anos sesenta pero Perlío continuou coas festas dos Santos, celebrándose cada ano a finais de maio ou comezos de xuño.
 

 

Na imaxe Roberto Teijido e Jesús Ares "Lito" da comisión de festas de Perlío (Fene)

Sociedade

Publica o teu comentario agora