Non é a miña cultura

Non é a miña cultura
01 de Maio, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

“No es mi cultura” é o lema dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos touros de lidia, afirma o activista da Fundación Franz Weber Rubén Pérez Sueiras. Tratan de derrogar a lei que recoñece a tauromaquia como patrimonio cultural. 

ESCOITA O PODCAST:

O mal trato animal non é patrimonio cultural, afirma Rubén Pérez, da Fundación Franz Weber:

http://173.255.131.18/audio/010524PEREZ.mp3

Non é a miña cultura

As touradas están nun evidente retroceso e sen subsidios públicos non poden subsistir, indica Rubén. A ILP quere devolver as competencias sobre touradas á administración local e autonómica. A inmensa maioría da cidadanía non quere que se cualifique como patrimonio cultural espectáculos como tirar touros ao mar, prenderlle lume nas astas ou matar touros  pouco a pouco. A ILP en defensa dos animais rexistrouse o 4 de xaneiro deste ano. A mesa do Congreso admitiuna a trámite e agora dispoñen de nove meses de prazo para reunir medio millón de firmas co que se poida iniciar a súa tramitación no Congreso dos Deputados. Máis información na web www.noesmicultura.org
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora