As mellores tapas

As mellores tapas
24 de Abril, 2024 - 05:26 h. | Publicada por Radio Fene

O 14º Concurso de Tapas de Fene será do 24 de maio ao 2 de xuño. Anunciouno esta mañá en Radio Fene a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira.

ESCOITA O PODCAST:

“O que temos que facer é dinamizar o tecido económico local e a gastronomía é un reclamo turístico”, obxectivo da concelleira coa convocatoria dunha nova edición do Concurso de Tapas de Fene. As datas nas que se vai celebrar o concurso acordáronse onte, nunha xuntanza con hostaleiros interesados en competir demostrando as súas habilidades culinarias. O Concello ultima estes días as bases do certame, pero xa anunciou que haberá agasallos para clientes que participen no concurso e premios para os gañadores do Concurso no que se manterán os galardóns á mellor Tapa Creativa e Tradicional e as dúas categorías de votación popular e dun xurado profesional. Concurso de Tapas, actos polo Día das Letras Galegas, a Milla Escolar, festas en Perlío…Moitas citas para gozar de Fene no vindeiro mes de maio. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora