Leoas de Maniños

Leoas de Maniños
01 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Traballaron como leoas”. Eloxia ao seu equipo o adestrador do Maniños feminino, Juanjo Iñiguez, Cebolo, logo do partido da Segunda Galicia Maniños-Cee, que rematou con empate a 1.

ESCOITA O PODCAST:

“Tocounos sufrir moito porque non entrábamos no partido, pero as xogadoras loitaron ata o último minuto e logramos empatar cun moi bo equipo”, resume o técnico. No equipo do Maniños puxeron “o buzo de traballo” e deron empatado cun equipo que “saíu espectacular”, recoñece Iñiguez. O Cee adiantouse na primeira metade e o Maniños empatou cun gol de Pau na segunda parte. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora