A comida dos fillos ou a hipoteca

A comida dos fillos ou a hipoteca

01 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Ou pago a hipoteca ou lles dou de comer aos meus fillos” é a disxuntiva á que se enfrontan arredor de 70 familias na comarca de Ferrol. Por iso a Plataforma de afectados pola hipoteca e Espacio Vivo de Ferrol convocan este venres 2 de maio unha xornada solidaria cos afectados por ese problema. Dende as 4 da tarde pode achegarse a xente ao local de Espacio Vivo, na rúa da Terra nº 14 (esquina rúa do Sol) de Ferrol para participar g

Precísanse productos do máis variado porque falamos de familias que non teñen nada. Confeccionouse unha lista na que se citan productos de limpeza e hixiene persoal, cousas para bebés como pañais e calzado. Tamén se precisan alimentos como leite, aceite, o cotián.

Na comarca de Ferrol estánse dando casos de desafiuzamentos pero ata o momento os afectados que acudiron á Plataforma conseguiron paralisalos ou a dación en pago. Segundo Carmen Ponce, da Plataforma, as familias chegan á Plataforma totalmente amedrentadas e desconsoladas por este problema.

A Plataforma fai fincapé no mal trato que dispensan as entidades bancarias aos afectados, aínda conscientes de que abusaron, os clientes reciben un trato inhumano e humillante, porque só lles importan os cartos. Os clientes que non poden pagar impórtanlle “tres pepinos”, segundo palabras de Carmen Ponte.
A Plataforma de afectados pola Hipoteca ofrecelles un asesoramento xurídico gratuíto e o acompañamento aos trámites que teñan que realizar. Para acollerse a iso, deben pedir cita no teléfono 608 008 628 ou por correo electrónico na dirección pahferrol@gmail .com. O local está na rúa Magdalena 149 no segundo andar.

Sociedade