ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Bótase en falta maior participación da xente nova. Reflexión do reelixido presidente da asociación O Pote de Maniños, Javier Rodríguez. O Pote conta actualmente con 282 socios. O embrión da entidade foi a Sociedade de Amigos das Árbores de Maniños creada hai case cen anos, en 1925.
Elección da directiva, que se renova con dúas novas incorporacións, Ángel Aguilar e Eugenia Román, foi un dos acordos adoptados pola asemblea da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva O Pote, celebrada o domingo, na que tamén se tratou dos problemas de humidades que afectan á sede da entidade cando chove moito. Dada a carestía de acometer unha obra no tellado, optaron pola prevención. Acordaron facer revisións e limpeza do tellado tres veces ao ano. Entre os plans a curto prazo, as actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. Os actos darán comezo o día 11 de maio.
Publica o teu comentario agora